6 de Janeiro de 2010

disco turquoise 2010


Con máis demora da prevista póñovos aquí unha escolma para celebrar o novo ano. Desta vez algúns de vós tedes muito que ver na selección, pois axudastes a facela. Penso que ficou un feixe de cancións ben variado e para todos os gustos, agardo que a gocedes. Podedes baixala nesta ligazón (.zip 139,3 MB).

  1. orquestra popular de paio pires. tokyo melody (pt)
  2. noiserv. bullets on parade (pt)
  3. b fachada. san francisco/amesterdam (pt)
  4. dean woods. connecticut ryvr (us)
  5. eric maskol. the big hand (us)
  6. nouvelle cuisine. seremos cajeras (gz)
  7. wild honey. brand new hairdo (es)
  8. earl greyhound. oye vaya (us)
  9. velhos e usados. jeans (br)
  10. juani y hermanxs. date un don (ar)
  11. celebration. I will not fall (us)
  12. the black atlantic. fragile meadow (nl)
  13. joão coração. fado do bolo alimentar (pt)
  14. corrientes. ¡óyeme tiburón! (us/cu)
  15. family of the year. psyche or like scope (us)
  16. the dead bodies. selfless devotion (us)
  17. rupert falsch. generikum (de)
  18. happy elf. come back (nl)
  19. pornophonique. space invaders (de)
  20. gosprom. lazy (ua)
  21. the family simpson. tin hearts (pt)
  22. the homens. tigre, tigre! (gz)
  23. the franks. neon politik (us)
  24. leite de nai. disco es tu (gz)
Tamén vos lembro que este domingo regresamos e... se non se revira a cousa habemos anunciar os gañadores do concursiño. Apertas, bicos, beijos, abraços e feliz ano a todos!

13 de Dezembro de 2009

C'mmons Baby! #47 (entrevista a Wild Honey)

c'mmons baby!#47 entrevista a wild honey
Hoxe entrevistamos a Guillermo Farré, alma mater de Wild Honey. Falamos do seu primeiro LP Epic handshakes and a bear hug, do seu especial xeito de distribuilo e da cuestión das licenzas de publicación e o hermetismo da SGAE respecto das licenzas Creative Commons.
A foto que ilustra o episodio de hoxe é de Pablo Serret, quen tamén deseñou a espectacular portada do disco de Wild Honey. (40m42s)

Enlaces relacionados: Pablo Serret; Sacramento; Bandcamp.

3 de Dezembro de 2009

Último aviso / Last call

Isto é unha última lembranza para o concursiño:

Cóntanos o título e autor das túas 3 cancións favoritas das emitidas en C'mmons baby! nestes dous anos (mellor deste último ano). Podes enviar un correo-e a ictioscopio at gmail.com ou deixar un comentario na entrada do segundo cabodano até o 11 de decembro; poderás gañar un destes tres "premios":



Last "little contest" reminder:

Tell us your 3 favorite songs in this two years of C'mmons baby! (last one better). Send an e-mail to ictioscopio at gmail.com or a comment at second anniversary post until December 11th; you can win one of these three "gifts":

29 de Novembro de 2009

C'mmons Baby! #46 (o poni bravo xoga futebol no ollo do tigre)

c'mmons baby!#46 o poni bravo xoga futebol no ollo do tigre
Nesta tarde de futebol traemos unha saca chea de cousas: animais salvaxes, lóstregos, recomendacións e notas de prensa, guitarras... Na segunda parte temos sabor a produtos galegos, produtos con denominación de orixe e calidade. Ah, e non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (34m42s)


Enlaces relacionados: Mamushka Dogs; Jamendo.com; Delhotel Records; A Regueifa; Pressing Catch (Berrobambán).

C'mmons baby! no Viralatas

Cmmons baby no Viralatas 3
Con algo de retardo deime de conta que no Viralatas nº3 (.pdf 5,55MB) falaron da existencia de C'mmons Baby!:

Podcast de músicas libres
O blogueiro cangués Ictioscopio realiza este podcast quincenal de media hora no que pincha, informa e entrevista sobre músicas de todo o mundo publicadas con licenzas copyleft, con especial atención ás galegas e lusófonas. Para escoitar coas orellas ben abertas.
Obrigado ao responsábel e á xente de Viralatas :)

26 de Novembro de 2009

European Podcast Award 2009-2010 (#EPA10)

Ben, parece que xa se puxo oficialmente en marcha o European Podcast Award 2009-2010; e como este ano decidín traballar arreo no meu PDM, eís que me presento outra vez para seguir internacionalizando isto.
O voto popular non determina o gañador mas si é valorado polo xurado, así que se gostades de C'mmons Baby podedes votar nesta ligazón. Obrigado, graciñas, thank you, merci...
Poño un botón con ligazón directa ao sitio de votación na esquerda igual que fixera co do premio de Bitacoras.com.

15 de Novembro de 2009

C'mmons Baby! #45 (tesouros agachados)

c'mmons baby!#45 tesouros agachados
Despois de dous anos, seguimos procurando na rede eses tesouros musicais agachados que podedes baixar libremente. Lembramos o quinto aniversario de WM Recordings e o seu album número 100... Non esquezades o concursiño que está en marcha, tedes de prazo: até o 11 de decembro. (Duración: 30m57s)


Enlaces relacionados: In a cabin with; Música Livre; Roberta Campos en Jamendo;
WM Recordings; Rack & Ruin Records; Earl Greyhound en Cashmusic.

5 de Novembro de 2009

Radio Oceánica (10)

Case que esquenzo deixarvos aquí as cancións que levei o domingo día 1 de novembro a Radio Oceánica coas ligazóns ás webs dos músicos e aos discos. Eís!

E quedaron fóra por falta de tempo...
Podedes baixar os temas aquí (39.86 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravacións, ou directamente aquí e buscando a emisión do 1 de novembro de 2009.

1 de Novembro de 2009

C'mmons Baby! #44 (segundo cabodano)

c'mmons baby!#44 segundo cabodano
Hai hoxe dous anos, ao abeiro dos defuntos e das catrinas comezaba C'mmons Baby!
Emisión chea de agradecementos, celebracións e boas vibracións... ah si, o concurso: como este ano non fixen aínda escolma, quero que me botedes unha man para facela escollendo 24 cancións de todas as que emitimos nestes dous anos; tedes que enviar un correo (ictioscopio en gmail.com) ou deixar un comentario nesta entrada (deixando url ou algo de contacto) co título de 3 das vosas cancións favoritas das emitidas ao longo destas 44 emisións, e as máis votadas conformarán esa escolma. Os que participedes entrades nun sorteo de 3 premios, que xa vos iremos contando. Prazo: até o 11 de decembro. (25m44s)


Enlaces relacionados: Peppermill Records; In a cabin with; Berrobambán.

31 de Outubro de 2009

Este domingo nova dose dupla

Este domingo, máis unha vez, cadrou que C'mmons baby coincide cunha nova visita a Radioceánica; co cal haberá dose dupla de músicas libres. Por tanto, non esquezades pór a orella na Radio Galega Música mañá ás 22.00 h. Menudo xeito bo de celebrar o 2º aniversario!!
E a emisión de mañá de C'mmons baby vai ser algo especial, xa que temos pensado encetar un concursiño para premiar aos que levades todo este tempo escoitando a apoiando este proxecto. Obrigado!

E no luns, segunda feira, xa porei ligazóns e listaxe das músicas que soaron na radio para os que queiran saber máis dos músicos e das músicas das que falamos.